Rañales, Pablo J.

Os afogados / Pablo J. Rañales - 1ª edición 1ª impresión - Vigo : Editorial Galaxia , 2023 - 232 p. ; 21 cm - (Literaria ; 495) . - Literaria (Editorial Galaxia) .

Unha nova especie animal invadirá a Galicia do século XXI. Os afogados, uns seres compostos de cunchas, algas e navallas, emerxerán do máis fondo do Océano Atlántico e encherán todas e cada unha das praias. Transformarán as nosas paisaxes contemporáneas e retarán a sociedade galega con moitas preguntas: que queren?, a que agardan?, por que teñen forma antropomórfica? A humanidade terá que buscar respostas e elixir como enfrontarse a estes seres: se dende o relato bélico, a análise científica ou o agarimo.
A bioinformática Ruth Perea, o sociólogo Nico Romero, a estrela das redes sociais Lucía Rei ou o pequeno Martín relacionaranse cos afogados e afrontarán o medo ao descoñecido, coa obsesión por crear coñecemento e co temor a deixar de ser a especie dominante da Terra. Os afogados explora a relación coa natureza e a viralización dos discursos de odio, ademais de reflexionar sobre a función da ciencia e a paisaxe nas nosas vidas.

3º-4º ESO 1º-2º BAC

Premio Illa Nova de Narrativa 2023

9788411761604




Novela fantástica
Novela de ciencia ficción

821.134.4-3"21"

Coa tecnoloxía Koha