Nashiki, Kaho (1959-)

La bruja del oeste se ha muerto / Kaho Nashiki ; traducción de Tana Oshima - Madrid : Hermida editores , 2024 - 139 p. ; 22 cm - (Ficción juvenil ; 165) .

Mai, a protagonista, ten 13 anos e enfróntase por primeira vez á dor de non encaixar na súa contorna e, sobre todo, á dor de perder á súa avoa. O que a súa avoa lle ensina durante o verán que pasan xuntas no campo antes da súa morte é un mundo que se desvanece, unha vida que se vive amodo e en comuñón coa natureza e co propio corpo, e a intuición, ese tipo de coñecemento e conexión espiritual entre persoas e demais seres vivos que, di a narradora, se perdeu no estilo de vida actual. Mai chama á avoa «a bruxa do oeste» primeiro porque é diferente: é de Inglaterra, e por tanto vén de Occidente, e segundo porque ten os «poderes» de intuír e de conectar animicamente coa súa contorna, con especial énfase nas plantas. A avoa ensínalle a Mai o pracer de coñecer de onde veñen as cousas que comemos, a materia prima no seu estado natural antes de ser cociñada, e tamén de onde vimos como seres humanos e o lugar que ocupamos no universo. Así a morte cobra outro sentido, non menos triste, pero si máis natural e lóxico: o do corpo que completa un ciclo para que se inicie outro. O libro presenta a morte de forma directa, sen edulcorar, pero ofrece as claves para entendela e superala.


9788412786835


Muerte --Novelas
Morte --Novelas


Novela de la vida cotidiana
Novela da vida cotiá

821.521-31

Coa tecnoloxía Koha