Colombani, Laetitia (1976-)

La trenza / Laetitia Colombani ; traducción del francés de José Antonio Soriano - 6ª ed., 14ª reimp. - Barcelona : Salamandra , 2023 - 205 p. ; 22 cm - (Narrativa) .

INDIA. En Badlapur, a intocable Smita sobrevive recollendo os excrementos dunha caste superior. Resignada á súa condición, está decidida en cambio a que a súa filla non siga os seus pasos: a pequena irá á escola e a súa vida será digna e proveitosa, aínda que para iso Smita teña que desafiar as normas establecidas.

ITALIA.A Giulia encántalle traballar no taller familiar, o último de Palermo que confecciona perrucas con pelo auténtico. Puidese ir á universidade, pero deixou o instituto con dezaseis anos para iniciarse nos segredos deste oficio. Cando o seu pai sofre un accidente e Giulia descobre que o negocio está ao bordo da quebra, afronta a adversidade con valentía e determinación.

CANADÁ. Sarah é unha avogada de éxito en Montreal que o sacrificou todo pola súa carreira: dous matrimonios errados e tres fillos aos que non viu crecer. Un día, tras caer desmayada no transcurso dun xuízo, Sarah comprende que a súa vida deu un envorco e que deberá escoller o que de verdade lle importa.

Smita, Giulia e Sarah non se coñecen, pero teñen en común o empuxe e o tesón das mulleres que rexeitan o que o destino lles ha reservado e rebélanse contra as circunstancias que as oprimen. Como fíos invisibles, os seus camiños entrelázanse, formando unha trenza que simboliza a vontade inquebrantable de vivir con esperanza e ilusión.



3º-4º ESO 1º-2º BAC

9788498388800


Literatura francesa
Vida real
Feminismo
8 M

82-N

Coa tecnoloxía Koha