Piñeiro Fernández, Antonio (1962-)

Celada / Antonio Piñeiro - 1ª ed. - Vigo : Xerais , 2020 - 103 p. ; 23 cm - (Narrativa ; 459 ) .

VII PREMIO NOVELA CURTA CIDADE CENTENARIA DE RIBEIRA

Santiago de Compostela, anos setenta. Ferven as revoltas universitarias. Está a piques de rematar unha das redadas policiais contra a concentración de estudantes que tenta escapulirse nos calellos da parte vella. As portas do centro histórico están bloqueadas e o cerco preparado. Un grupo de estudantes asiste ao desenlace desde a mesa do seu bar, fronte á Porta da Mámoa. Alaín, o inspector que todos eles coñecen, xorde entre os furgóns magoado e iracundo. Algo sucedeu nas horas previas. Vellos asuntos e contas pendentes volven aflorar nesta atmosfera de revolta e incerteza, mentres o país se decanta por un novo tempo. Pouco imaxina o inspector o que vai atopar detrás da investigación que está a facer sobre un dos grupos insurxentes que operan na cidade, nun emocionante final da novela.

9788491216643


NARRATIVA GALEGA


A Coruña--Historia

821.134.4-31"20"*S 82