Vista normal Vista MARC Vista ISBD

Querida Arcea

por Romero, Felín [autor/a].
Tipo: materialTypeLabelLibroSeries: Narrativa.Editor: Coruña : Medulia Editorial , 2024 Edición: 1ª.Descrición: 133 pp ; 21 cm.ISBN: 9788419438898.Materia(s): Natureza, Monte, A Terra, O RuralResumo: Se che gusta a literatura meliflua, este non é o teu libro. Se adoras a prosa refinada, mellor le outra obra. Se gozas entre circunloquios, entón estás perdendo o tempo. O estilo de Felín Romero é como o propio Felín: directo, sen artificios, irreverente e, en ocasións, incluso bruto. Os futbolistas que dirixiu durante a súa etapa como adestrador poden corroborar estas palabras. Agora ben, tras esa aparencia de persoa pétrea e ás veces ruda, agóchase unha sensibilidade máis grande que as serras zamoranas que tan ben coñece. O simple feito de escribir estes relatos é un claro exemplo desa sensibilidade. Porque calquera proceso creativo necesita dunha dose importante dela. Nestas páxinas, o autor escribe sobre o amor —tamén o desamor— , a amizade, o compromiso, a loita, a terra, a serra, a perda, a esperanza… E faino con historias ambientadas nos territorios explorados durante as súas viaxes e a través das súas paixóns: o monte, a caza, o rural, os cans… Nos seus relatos predominan os desfavorecidos, os vulnerables, os perseguidos, os perdedores, xente que vive no gume da navalla… superviventes ó fin e ó cabo (como dalgún xeito somos todos nós). E para continuar sobrevivindo, Felín invítanos a camiñar, aínda que sexa «sen saber ás veces cara onde». «Pero para vivir, mentres alentemos, CAMIÑAR…». Nica Mares
    valoración media: 0.0 (0 votos)
Tipo de ítem Localización actual Sinatura topográfica Dispoñibilidade Data de vencemento Código de barras Datos do exemplar
Prestable IES San Paio
Sala préstamo
82-3 ROM que(a) Dispoñible PED056000016504
Prestable IES San Paio
Sala préstamo
82-3 ROM que(b) Prestado 17/09/2024 PED056000016505

Se che gusta a literatura meliflua, este non é o teu libro. Se adoras a prosa refinada, mellor le outra obra. Se gozas entre circunloquios, entón estás perdendo o tempo.

O estilo de Felín Romero é como o propio Felín: directo, sen artificios, irreverente e, en ocasións, incluso bruto. Os futbolistas que dirixiu durante a súa etapa como adestrador poden corroborar estas palabras.
Agora ben, tras esa aparencia de persoa pétrea e ás veces ruda, agóchase unha sensibilidade máis grande que as serras zamoranas que tan ben coñece. O simple feito de escribir estes relatos é un claro exemplo desa sensibilidade. Porque calquera proceso creativo necesita dunha dose importante dela.

Nestas páxinas, o autor escribe sobre o amor —tamén o desamor— , a amizade, o compromiso, a loita, a terra, a serra, a perda, a esperanza… E faino con historias ambientadas nos territorios explorados durante as súas viaxes e a través das súas paixóns: o monte, a caza, o rural, os cans… Nos seus relatos predominan os desfavorecidos, os vulnerables, os perseguidos, os perdedores, xente que vive no gume da navalla… superviventes ó fin e ó cabo (como dalgún xeito somos todos nós). E para continuar sobrevivindo, Felín invítanos a camiñar, aínda que sexa «sen saber ás veces cara onde». «Pero para vivir, mentres alentemos, CAMIÑAR…». Nica Mares

1º-2º ESO

3º-4º ESO

1º-2º BAC