Rosalía Raíz apasionada de Galicia
por Carnés, Luisa [autor/a]
; Lama, María Xesús [prologuista]
.
Tipo: ![materialTypeLabel](/opac-tmpl/lib/famfamfam/BK.png)
![](/opac-tmpl/bootstrap/images/filefind.png)
![](/opac-tmpl/bootstrap/images/filefind.png)
Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Dispoñibilidade | Notas | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | IES San Paio Sala préstamo | 929 CAR ros | Dispoñible | PED056000016223 |
|
Luisa Carnés, a narradora invisible da Xeración do 27, a autora de Tea Rooms. Mujeres obreiras, escribiu esta biografía en 1945, xa no seu exilio mexicano. Unha obra chea de encanto e de complicidade, tan rica en ambientes que máis parece, en moitos momentos, un conto gótico que un texto biográfico.
Prólogo de María Xesús Lama
En Padrón hai unha casa humilde cuxo nome é grato ao espírito: A Huerta da Paz. Alí unha nena enfermiza aprende a andar sobre as pedras vellas do xardín e pasa horas contemplando os aleteos das bolboretas sobre as dalias. Fronte ao seu colexio está o cemiterio de Adina, onde a pequena entretense deletreando os epitafios nos días de sol.
Esa nena é Rosalía de Castro, o gran poeta galega, e esa casa, o fogar ao que sempre quererá volver, fonte de inspiración de toda a súa obra. Tras a súa infancia en Galicia, a moza Rosalía instálase no Madrid convulso de Isabel II, onde coñece a Manuel Murguía, o seu futuro marido, e ao doce Gustavo Adolfo Bécquer, cuxo reflexo nos espellos do Café Suízo é todo melancolía. Despois veñen os fillos, Simancas, a morte da súa adorada nai. E esa continua añoranza de Galicia no medio da adustez castelá.
Adultos/as