Cornucopia / Raúl M. Santos.
por Santos, Raúl M., 1976- [autor/a]; (33º. Premio Torrente Ballester de Narrativa en Lingua Galega 2021. A Coruña, Galicia).
Tipo: LibroSeries: Literaria ; 454.Editor: Vigo : Galaxia , 2022 Edición: 1ª edición, 1ª impresión, 2022.Descrición: 188 páxinas ; 21 cm.ISBN: 9788491518976.Recursos en liña: Faga clic para acceso en liña Resumo: Atende aquí. De momento vas ben, pero atende. Polo motivo que fose colliches este libro e décheslle a volta para ver que pon na parte de atrás. Iso é o que se fai. Agora a min tócame contar un pouco de que vai e intentar convencerte para que o collas e o leas. Para ti ten que ser fácil, pero para min non o é. O problema vén ser que esta é a mellor novela xamais escrita en ningún idioma. Xoo! Dirás ti. Quítalle hachas aí, ho! E tes razón. Estas cousas, aínda que se pensen, non se din. Pero é que esta é a mellor novela xamais escrita en ningún idioma, e, como todas estas, o problema é que non se pode dicir de que vai, pois todas as mellores novelas xamais escritas en ningún idioma van de nada e mais van de todo, como esta. Entendes o que digo? Eu tampouco. Creo que o mellor vai ser que esquezas este texto e leas o libro directamente. Si. Imaxina que o colliches, que lle deches a volta e que aquí non había nada. Un espazo en branco. Este texto que acabas de ler non existe. Abre o libro pola primeira páxina, ou pola que queiras, e le. Nada máis.Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Dispoñibilidade | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | IES San Paio Sala préstamo | 869.9-3 SAN cor | Dispoñible | PED056000015847 |
|
Premio Torrente Ballester 2021
Atende aquí. De momento vas ben, pero atende. Polo motivo que fose colliches este libro e décheslle a volta para ver que pon na parte de atrás. Iso é o que se fai. Agora a min tócame contar un pouco de que vai e intentar convencerte para que o collas e o leas. Para ti ten que ser fácil, pero para min non o é. O problema vén ser que esta é a mellor novela xamais escrita en ningún idioma. Xoo! Dirás ti. Quítalle hachas aí, ho! E tes razón. Estas cousas, aínda que se pensen, non se din. Pero é que esta é a mellor novela xamais escrita en ningún idioma, e, como todas estas, o problema é que non se pode dicir de que vai, pois todas as mellores novelas xamais escritas en ningún idioma van de nada e mais van de todo, como esta. Entendes o que digo? Eu tampouco. Creo que o mellor vai ser que esquezas este texto e leas o libro directamente. Si. Imaxina que o colliches, que lle deches a volta e que aquí non había nada. Un espazo en branco. Este texto que acabas de ler non existe. Abre o libro pola primeira páxina, ou pola que queiras, e le. Nada máis.
1º-2º BAC