Querida Arcea
por Romero, Felín [autor/a].
Tipo: LibroSeries: Narrativa.Editor: Coruña : Medulia Editorial , 2024 Edición: 1ª.Descrición: 133 pp ; 21 cm.ISBN: 9788419438898.Materia(s): Natureza, Monte, A Terra, O RuralResumo: Se che gusta a literatura meliflua, este non é o teu libro. Se adoras a prosa refinada, mellor le outra obra. Se gozas entre circunloquios, entón estás perdendo o tempo. O estilo de Felín Romero é como o propio Felín: directo, sen artificios, irreverente e, en ocasións, incluso bruto. Os futbolistas que dirixiu durante a súa etapa como adestrador poden corroborar estas palabras. Agora ben, tras esa aparencia de persoa pétrea e ás veces ruda, agóchase unha sensibilidade máis grande que as serras zamoranas que tan ben coñece. O simple feito de escribir estes relatos é un claro exemplo desa sensibilidade. Porque calquera proceso creativo necesita dunha dose importante dela. Nestas páxinas, o autor escribe sobre o amor —tamén o desamor— , a amizade, o compromiso, a loita, a terra, a serra, a perda, a esperanza… E faino con historias ambientadas nos territorios explorados durante as súas viaxes e a través das súas paixóns: o monte, a caza, o rural, os cans… Nos seus relatos predominan os desfavorecidos, os vulnerables, os perseguidos, os perdedores, xente que vive no gume da navalla… superviventes ó fin e ó cabo (como dalgún xeito somos todos nós). E para continuar sobrevivindo, Felín invítanos a camiñar, aínda que sexa «sen saber ás veces cara onde». «Pero para vivir, mentres alentemos, CAMIÑAR…». Nica MaresTipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Dispoñibilidade | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | IES San Paio Sala préstamo | 82-3 ROM que(a) | Prestado | 17/10/2024 | PED056000016504 |
|
Prestable | IES San Paio Sala préstamo | 82-3 ROM que(b) | Dispoñible | PED056000016505 |
|
Se che gusta a literatura meliflua, este non é o teu libro. Se adoras a prosa refinada, mellor le outra obra. Se gozas entre circunloquios, entón estás perdendo o tempo.
O estilo de Felín Romero é como o propio Felín: directo, sen artificios, irreverente e, en ocasións, incluso bruto. Os futbolistas que dirixiu durante a súa etapa como adestrador poden corroborar estas palabras.
Agora ben, tras esa aparencia de persoa pétrea e ás veces ruda, agóchase unha sensibilidade máis grande que as serras zamoranas que tan ben coñece. O simple feito de escribir estes relatos é un claro exemplo desa sensibilidade. Porque calquera proceso creativo necesita dunha dose importante dela.
Nestas páxinas, o autor escribe sobre o amor —tamén o desamor— , a amizade, o compromiso, a loita, a terra, a serra, a perda, a esperanza… E faino con historias ambientadas nos territorios explorados durante as súas viaxes e a través das súas paixóns: o monte, a caza, o rural, os cans… Nos seus relatos predominan os desfavorecidos, os vulnerables, os perseguidos, os perdedores, xente que vive no gume da navalla… superviventes ó fin e ó cabo (como dalgún xeito somos todos nós). E para continuar sobrevivindo, Felín invítanos a camiñar, aínda que sexa «sen saber ás veces cara onde». «Pero para vivir, mentres alentemos, CAMIÑAR…». Nica Mares
1º-2º ESO
3º-4º ESO
1º-2º BAC