Un espléndido mundo novo / Aldous Huxley
por Huxley, Aldous (1894-1963) [autor/a]; Tobar, Alejandro (1983-) [tradutor/a].
Tipo: LibroEditor: Pontevedra : Faktoria K , 2021 Edición: 1ª ed.Descrición: 335 p. ; 21 cm.ISBN: 9788416721887.Materia(s): Distopía | Ciencia ficción | Totalitarismo | Sociedade | Impulsos humanosRecursos en liña: Faga clic para acceso en liña Resumo: A obra presenta un futuro lonxano onde o mundo alcanza a felicidade absoluta grazas a unha nova realidade deseñada a partir do lema “Comunidade, identidade, estabilidade”. Os grandes controladores administran ata o máis mínimo detalle nesta sociedade perfecta onde todo está planificado, a violencia é un vago recordo e os humanos son cultivados con enxeñería xenética e clasificados en castes. A poboación vive na ignorancia a través dun depurado lavado de cerebro. Tubos de ensaio, microscopios e incubadoras substitúen o ventre materno e son as ferramentas do progreso. A xente carece de emocións e vive allea aos interrogantes a través dunha precoz doma de vontades por medio da hipnopedia, unha aprendizaxe aplicada na nenez a través do sono. As persoas son programadas para consumir e poñer o valor da sociedade por riba do individual sen importarlles a que prezo. Tamén existe a soma, unha droga deseñada para evitar o espertar da conciencia e manter na inopia calquera indicio de razoamento ou cuestionamento. Pero na fabricación de Bernard Marx -un membro da privilexiada caste alfa- ocorre un fallo, unha fisura mínima no sistema, mais suficiente para permitir que sinta descontento e o desexo de liberarse desa realidade programada. Visitar unha das poucas reservas salvaxes que aínda se goberna con valores pretéritos, pode supoñer a cura para a súa angustia.Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Número de volume | Dispoñibilidade | Notas | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | IES San Paio Sala préstamo | 82-3=699 HUX esp(a) | Dispoñible | PED056000016235 |
|
|||
Prestable | IES San Paio Sala préstamo | 82-3=699 HUX esp | Dispoñible | PED056000015487 |
|
«Un espléndido mundo novo» é posiblemente a novela máis lida e inquedante de Aldous Huxley, un dos escritores máis lúcidos da segunda metade do século XX. A súa influencia está presente en obras fundamentais da literatura de anticipación, como «Nós» de Evgenii Zamiatin e «1984» de George Orwell.
Cando se publicou en 1932 foi calificada como unha distopía, pura fantasía, mais resultou visionaria e premonitoria. Nunha época na que os totalitarismos aspiraban a dirixir o planeta, ao tempo que se apostaba polo cientificismo como único camiño para a evolución, Huxley ideou este relato para satirizar eses empeños.
A obra presenta un futuro lonxano onde o mundo alcanza a felicidade absoluta grazas a unha nova realidade deseñada a partir do lema “Comunidade, identidade, estabilidade”. Os grandes controladores administran ata o máis mínimo detalle nesta sociedade perfecta onde todo está planificado, a violencia é un vago recordo e os humanos son cultivados con enxeñería xenética e clasificados en castes. A poboación vive na ignorancia a través dun depurado lavado de cerebro.
Tubos de ensaio, microscopios e incubadoras substitúen o ventre materno e son as ferramentas do progreso. A xente carece de emocións e vive allea aos interrogantes a través dunha precoz doma de vontades por medio da hipnopedia, unha aprendizaxe aplicada na nenez a través do sono. As persoas son programadas para consumir e poñer o valor da sociedade por riba do individual sen importarlles a que prezo. Tamén existe a soma, unha droga deseñada para evitar o espertar da conciencia e manter na inopia calquera indicio de razoamento ou cuestionamento.
Pero na fabricación de Bernard Marx -un membro da privilexiada caste alfa- ocorre un fallo, unha fisura mínima no sistema, mais suficiente para permitir que sinta descontento e o desexo de liberarse desa realidade programada. Visitar unha das poucas reservas salvaxes que aínda se goberna con valores pretéritos, pode supoñer a cura para a súa angustia.
Adultos/as