Astronomía a ollo ceibe / Ramón Mª Aller; tradución ao galego de "Astronomía a simple vista" (1948) por Celia Rozas Donsión; coordinación e revisión científica de José Ángel Docobo Durántez
por Aller Ulloa, Ramón María (1878-1966) [autor/a]
; Rozas Donsión, Celia [tradutor/a]
; Docobo Durántez, J. A. (1951-) [editor/a literario]
.
Tipo: 

Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Dispoñibilidade | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | IES San Paio Sala préstamo | 52 ALL ast | Dispoñible | PED056000015839 |
|
Índices
Tradución galega da obra divulgativa Astronomía a simple vista, publicada orixinalmente en 1948 e reeditada facsimilarmente pola Universidade de Santiago de Compostela en 1998 e 2014, de autoría do gran astrónomo e matemático, catedrático que foi da USC e fundador do seu Observatorio Astronómico, Ramón María Aller Ulloa (1878-1966). A edición galega, ademais dun considerable esforzo de adaptación léxica, conceptual e estilística a prol dunha magnífica obra de iniciación á astronomía en lingua galega, representa tamén unha homenaxe á dimensión humana e científica do seu autor, con ocasión do L aniversario do seu pasamento. Nesta obra, Ramón M. Aller quixo lembrar os seus comezos de astrónomo a simple vista e facilita ao afeccionado un libro senlleiro entre os de divulgación astronómica. Tal como non é afeccionado a pescar quen se limita a ver gravados ou a ler descricións sobre o mar ou os ríos, e supérao en afección quen pola súa propia man pesca un peixiño por ben pequeno que sexa, así neste libro non se atoparán fermosos discursos sobre o Sol, a Lúa ou as estrelas, senón que pon nas súas mans o entretemento que lle permitirá, xogando, sen esforzo, facer observacións; nunha palabra, como di o seu autor, aprenderalle a ler no libro marabilloso que todas as noites se abre sobre o azul do ceo.
1º-2º BAC