Vista normal Vista MARC Vista ISBD

Terra de ninguén / María José Floriano Novoa

por Floriano Novoa, María José [autor/a]; Delicado, Federico (1956-) [ilustrador/a]; Rodríguez, Manuela (1967-) [tradutor/a].
Tipo: materialTypeLabelLibroSeries: MareMar.Editor: Pontevedra : Kalandraka , 2022 Edición: 1ª ed.Descrición: 40 p. : il. cor ; 22 cm.ISBN: 9788413431611.Materia(s): Chabolismo | Pobreza | Marxinalidade | Desigualdade | Solidariedade | Infancia | Dereitos humanos | Dereitos da infancia | Amizade | Familia | XogosRecursos en liña: Faga clic para acceso en liña Resumo: «Terra de ninguén» transcorre na Cañada Real, o asentamento chabolista de maiores dimensións en toda Europa. O núcleo deste poboado marxinal é o escenario do impactante relato de María José Floriano, que converte en literatura a dura realidade de milleiros de persoas a través da mirada sinxela, doce e creativa da infancia. Unha obra imprescindible, audaz e comprometida cos excluídos da sociedade, que lles dá voz ás nenas e aos nenos que viven nesas contornas, e que achega visibilidade a unha problemática enquistada dende hai anos, entre o desmantelamento parcial das construcións e o realoxamento das familias. Destaca a dimensión metafórica que os protagonistas lle dan á súa vida cotiá xogando a oficios circenses en condicións de risco e perigosidade, e facendo extensible ese carácter lúdico ao ámbito dos adultos, que transcorre entre a supervivencia dos máis vulnerables e as actividades á marxe da lei. E a pesar da falta de recursos, son nenas e nenos con resiliencia e esperanza, que utilizan o pouco que teñen para desenvolver a súa imaxinación, que proxectan os seus soños, emocións, dúbidas e ilusións.
    valoración media: 0.0 (0 votos)
Tipo de ítem Localización actual Sinatura topográfica Número de volume Dispoñibilidade Data de vencemento Código de barras Datos do exemplar
Prestable IES San Paio
Sala préstamo
82-9AI FLO ter Dispoñible PED056000016268

Título orixinal: El Gallinero.

O texto compleméntase á perfección coas ilustracións realistas de Federico Delicado, cheas de detalles alegóricos: son as imaxes as que traen ao plano da realidade a dimensión simbólica das palabras.

«Terra de ninguén» transcorre na Cañada Real, o asentamento chabolista de maiores dimensións en toda Europa. O núcleo deste poboado marxinal é o escenario do impactante relato de María José Floriano, que converte en literatura a dura realidade de milleiros de persoas a través da mirada sinxela, doce e creativa da infancia. Unha obra imprescindible, audaz e comprometida cos excluídos da sociedade, que lles dá voz ás nenas e aos nenos que viven nesas contornas, e que achega visibilidade a unha problemática enquistada dende hai anos, entre o desmantelamento parcial das construcións e o realoxamento das familias.
Destaca a dimensión metafórica que os protagonistas lle dan á súa vida cotiá xogando a oficios circenses en condicións de risco e perigosidade, e facendo extensible ese carácter lúdico ao ámbito dos adultos, que transcorre entre a supervivencia dos máis vulnerables e as actividades á marxe da lei. E a pesar da falta de recursos, son nenas e nenos con resiliencia e esperanza, que utilizan o pouco que teñen para desenvolver a súa imaxinación, que proxectan os seus soños, emocións, dúbidas e ilusións.

1º-2º ESO

3º-4º Primaria

Coa tecnoloxía Koha