Alvarellos Casas, Henrique (1968-)

Federico García Lorca en Santiago de Compostela / Henrique Alvarellos - 1ª ed. - Santiago de Compostela : Alvarellos , 2020 - 201 p. : fot., il. br. e n. ; 23 cm - (Oeste. Divulgacion & Ensaio) .

Na contracuberta: "Inclúe a ruta lorquiana da cidade"

Santiago de Compostela deixou fascinado a federico García Lorca. Descobre a cidade con 18 anos, durante unha viaxe de estudos por Galicia, e axiña escribirá: "Esto me hipnotiza". Regresará a Compostela tres veces máis, todas no ano 1932, ben como conferenciante, tamén como director de La Barraca e sempre como famosísimo poeta. En Santiago será recibido, arroupado e agasallado coa admiración e a sincera amizade de toda unha xeración de estudantes e intelectuais que, naquel anou de ouro da Repúbliza, inzan as rúas da medieval cidade coa súa nova ansia de cultura, galeguismo e liberdade.
Lorca dá a coñecer aquí algúns dos versos inéditos de "Poeta e Nueva York", debuxa, canta e toca o piano no Hotel Compostela, vivirá unha memorable noite teatral na Quintana e será retratado por Carlos Maside e Luís Seoane. En decembro de 1935 sairán publicados en Santiago os "Seis poemas galegos", esa impagable ofrenda literaria que o granadino lle tributará á nosa lingua e cultura.
O presente libro camiña con Lorca polas rúas da cidade nun deitdo relato a modo de crónica que revive estes días únicos. Tamén recolle as impresións do poeta candro regresa a Madrid, ou durante a súa estadía en Bos Aires, onde falará de nós con enorme entusiasmo. Este volume achega numerosos datos e máis de setenta ilustracións e documentos, boa parte deles moi descoñecidos. E conclúe co rescate de valentes testemuños que, despois do seu asasinato, teimaron por manter viva, durante a "longa noite de pedra", a memoria deste eterno Lorca en Compostela.

9788416460878


García Lorca, Federico (1898-1936) --Biografías
García Lorca, Federico (1898-1936) --Biografías
García Lorca, Federico ( 1898-1936) -- - Crítica e interpretación
García Lorca, Federico ( 1898-1936) -- - Crítica e interpretación


Poesía. Federico García Lorca

929 García Lorca, Federico

Coa tecnoloxía Koha