Vista normal Vista MARC Vista ISBD

Federico García Lorca en Santiago de Compostela / Henrique Alvarellos

por Alvarellos Casas, Henrique (1968-) [autor/a].
Tipo: materialTypeLabelLibroSeries: (Oeste. Divulgacion & Ensaio).Editor: Santiago de Compostela : Alvarellos , 2020 Edición: 1ª ed.Descrición: 201 p. : fot., il. br. e n. ; 23 cm.ISBN: 9788416460878.Materia(s): Poesía. Federico García Lorca | García Lorca, Federico (1898-1936) -- Biografías | García Lorca, Federico (1898-1936) -- Biografías | García Lorca, Federico ( 1898-1936) -- - Crítica e interpretación | García Lorca, Federico ( 1898-1936) -- - Crítica e interpretaciónResumo: Santiago de Compostela deixou fascinado a federico García Lorca. Descobre a cidade con 18 anos, durante unha viaxe de estudos por Galicia, e axiña escribirá: "Esto me hipnotiza". Regresará a Compostela tres veces máis, todas no ano 1932, ben como conferenciante, tamén como director de La Barraca e sempre como famosísimo poeta. En Santiago será recibido, arroupado e agasallado coa admiración e a sincera amizade de toda unha xeración de estudantes e intelectuais que, naquel anou de ouro da Repúbliza, inzan as rúas da medieval cidade coa súa nova ansia de cultura, galeguismo e liberdade. Lorca dá a coñecer aquí algúns dos versos inéditos de "Poeta e Nueva York", debuxa, canta e toca o piano no Hotel Compostela, vivirá unha memorable noite teatral na Quintana e será retratado por Carlos Maside e Luís Seoane. En decembro de 1935 sairán publicados en Santiago os "Seis poemas galegos", esa impagable ofrenda literaria que o granadino lle tributará á nosa lingua e cultura. O presente libro camiña con Lorca polas rúas da cidade nun deitdo relato a modo de crónica que revive estes días únicos. Tamén recolle as impresións do poeta candro regresa a Madrid, ou durante a súa estadía en Bos Aires, onde falará de nós con enorme entusiasmo. Este volume achega numerosos datos e máis de setenta ilustracións e documentos, boa parte deles moi descoñecidos. E conclúe co rescate de valentes testemuños que, despois do seu asasinato, teimaron por manter viva, durante a "longa noite de pedra", a memoria deste eterno Lorca en Compostela.
    valoración media: 0.0 (0 votos)
Tipo de ítem Localización actual Sinatura topográfica Número de volume Dispoñibilidade Data de vencemento Código de barras Datos do exemplar
Prestable IES San Paio
Sala préstamo
91 ALV fed Dispoñible PED056000015387

Na contracuberta: "Inclúe a ruta lorquiana da cidade"

Santiago de Compostela deixou fascinado a federico García Lorca. Descobre a cidade con 18 anos, durante unha viaxe de estudos por Galicia, e axiña escribirá: "Esto me hipnotiza". Regresará a Compostela tres veces máis, todas no ano 1932, ben como conferenciante, tamén como director de La Barraca e sempre como famosísimo poeta. En Santiago será recibido, arroupado e agasallado coa admiración e a sincera amizade de toda unha xeración de estudantes e intelectuais que, naquel anou de ouro da Repúbliza, inzan as rúas da medieval cidade coa súa nova ansia de cultura, galeguismo e liberdade.
Lorca dá a coñecer aquí algúns dos versos inéditos de "Poeta e Nueva York", debuxa, canta e toca o piano no Hotel Compostela, vivirá unha memorable noite teatral na Quintana e será retratado por Carlos Maside e Luís Seoane. En decembro de 1935 sairán publicados en Santiago os "Seis poemas galegos", esa impagable ofrenda literaria que o granadino lle tributará á nosa lingua e cultura.
O presente libro camiña con Lorca polas rúas da cidade nun deitdo relato a modo de crónica que revive estes días únicos. Tamén recolle as impresións do poeta candro regresa a Madrid, ou durante a súa estadía en Bos Aires, onde falará de nós con enorme entusiasmo. Este volume achega numerosos datos e máis de setenta ilustracións e documentos, boa parte deles moi descoñecidos. E conclúe co rescate de valentes testemuños que, despois do seu asasinato, teimaron por manter viva, durante a "longa noite de pedra", a memoria deste eterno Lorca en Compostela.

Coa tecnoloxía Koha